Mago / Maga
Os humanos reflexionan a miúdo sobre como funciona o mundo no que viven. Algúns non se limitan a entreterse así, senón que converten esta práctica no traballo da súa vida. Calquera mago digno do título pasou como mínimo unha década estudando, acumulando unha gran cantidade de coñecementos que o diferencian do resto da xente. Estas persoas, entregadas por completo á busca da sabedoría, destacan nun mundo no que poucos poden ler ou escribir. Entre eles hai rapaces da prometedora nobreza ou xente que busca unha saída do baleiro intelectual que supoñen os traballos manuais.
Se un se pon a pensalo, con todo o coñecemento que teñen no seu poder, a comunidade dos magos ben podería gobernar a sociedade se quixese. Pero a riqueza e mailo poder non lles atraen, e os que estudan a maxia buscándoos raramente teñen a convicción necesaria para converterse en verdadeiros mestres dela.
A pesar de ser de constitución débil e non ter moita idea de como loitar, os magos posúen certas artes que resultan de gran utilidade na batalla.
Information
Advances from: | ‒ |
---|---|
Advances to: | Mago branco, Mago vermello |
Cost: | 20 |
HP: | 24 |
Moves: | 5 |
XP: | 54 |
Nivel: | 1 |
Aliñación: | legal |
Id: | Mage |
Abilities: | ‒ |
Attacks (damage × count)
bastón | impacto | 5 × 1 | corpo a corpo | ||
mísil | lume | 7 × 3 | a distancia | (máxico) |
Resistencias
folla | 0% | perforación | 0% | |||
---|---|---|---|---|---|---|
impacto | 0% | lume | 0% | |||
frío | 0% | arcano | 20% |
Terrain
Terrain | Movement Cost | Defense | |
---|---|---|---|
Area | 2 | 30% | |
Arrecife costeiro | 2 | 30% | |
Auga pouco profunda | 3 | 20% | |
Auga profunda | ‒ | 0% | |
Bosque | 2 | 50% | |
Braña | 3 | 20% | |
Castelo | 1 | 60% | |
Chaira | 1 | 40% | |
Cogomelos | 2 | 50% | |
Conxelado | 3 | 20% | |
Cova | 2 | 40% | |
Intransitábel | ‒ | 0% | |
Manto falso do descoñecido | ‒ | 0% | |
Montañas | 3 | 60% | |
Outeiros | 2 | 50% | |
Vila | 1 | 60% |