Paladín

Cabaleiros de grande virtude, os paladíns poñen a súa forza non ao servizo do rei e a coroa, senón ao dos seus propios ideais. Ideais de cortesía, e protección do ben. Poden servir nos exércitos do mundo adiante, pero para eles os seus propios grupos sempre son o primeiro. Estes grupos son ordes monásticas secretas que traspasan os límites políticos e culturais. Os dirixentes desconfían deles ás veces, xa que a lealdade dos paladíns depende sempre da aparente virtude do seu señor. Isto levou aos líderes máis ambiciosos a intentar difamar e disolver estes grupos, ou mesmo en ocasións crear elaborados enganos para manter a estas tropas ao seu servizo.
Os paladíns non adoitan resultar tan temíbeis coma os «grandes cabaleiros» que lideran a maior parte dos exércitos, pero aínda así son loitadores de primeira. Ademais, a súa sabedoría e piedade confírenlles a estes monxes guerreiros certas habilidades cando menos curiosas. Os paladíns son moi bos á hora de enfrontarse a criaturas máxicas ou contranaturais, e a maioría teñen coñecementos de menciña e curación.
Notas especiais: usar un ataque de carga duplica o dano inflixido e recibido. Isto non afecta aos ataques defensivos en resposta a ataques inimigos. o ataque arcano desta unidade inflixe un tremendo dano ás criaturas máxicas, e algún tamén ás criaturas mundanas. esta unidade ten unha habilidade básica para sandar.
Information
Avance de: | Cabaleiro |
Avanza a: | |
Custo: | 58 |
Vida: | 65 |
Movemento: | 8 |
Exp.: | 150 |
Level: | 3 |
Aliñación: | legal |
ID | Paladin |
Habilidades: | sanda 4 |
Ataques (damage - count)
![]() | espada corpo a corpo | 8 - 5 arcano | |
![]() | lanza corpo a corpo | 15 - 2 perforación | carga |
Resistencias
![]() |
folla | 20% | ![]() |
perforación | -20% | |
---|---|---|---|---|---|---|
![]() |
impacto | 30% | ![]() |
lume | 0% | |
![]() |
frío | 0% | ![]() |
arcano | 60% |

Terreo
Custo de movemento | |||
---|---|---|---|
Terreo | Defensa | ||
![]() |
Area | 2 | 30% |
![]() |
Arrecife costeiro | 3 | 30% |
![]() |
Auga pouco profunda | 4 | 20% |
![]() |
Auga profunda | - | 0% |
![]() |
Bosque | 3 | 30% |
![]() |
Braña | 4 | 20% |
![]() |
Castelo | 1 | 40% |
![]() |
Chaira | 1 | 40% |
![]() |
Colonia de cogomelos | 4 | 20% |
![]() |
Conxelado | 2 | 30% |
![]() |
Cova | 4 | 20% |
![]() |
Intransitábel | - | 0% |
![]() |
Montañas | - | 0% |
![]() |
Outeiros | 2 | 40% |
![]() |
Vila | 1 | 40% |